Accueil > Documentos > Nada que contestar, non hai mais cego que quen nom quere ver (Persiste la (...)
Presentación do Relatorio anual da CPDT
Esculca (Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades) 26 Xuño 2016
Nada que contestar, non hai mais cego que quen nom quere ver (Persiste la tortura)
’La tortura en el estado español’ Informes 2015 y 2016, CPDT, diciembre 2015 y junio 2016
jeudi 30 juin 2016, par
Esta foi a resposta ante a afirmación de que no Reino de España non hai tortura nin malos tratos dada por un funcionario de prisións, entendemos da escala técnica, despois de escoitar o Relatorio do ano 2014 elaborado pola Coordinadora sobre a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) e outras realidades que vemos cada día, por exemplo, nos centros penais. O 17 de xuño de 2016 presentouse en Iruña o Relatorio do ano 2015 [1] onde unha vez máis se evidencia que si existe tortura e malos tratos no Estado español. No relatorio recóllense 128 situacións e 232 persoas afectadas (12 e 23 respectivamente na Galiza), datos que reflicten apenas a punta do iceberg, porque é fácil entender que hai moitas persoas que silencian a situación sufrida.
Enténdese por tortura todo acto polo cal se inflixe intencionalmente a unha persoa dores ou sufrimentos graves, xa sexan físicos ou mentais, co fin de obter dela ou dunha terceiro información ou unha confesión ; de castigala por un acto que cometese ou se sospeite teña cometido, ou de intimidar ou coaccionar esa persoa ou outras, por calquera razón baseada en calquera tipo de discriminación, cando estas dores foren inflixidas por un funcionario público ou outra persoa no exercicio de funcións públicas, a instancia súa ou co seu consentimento. Esta definición está establecida na Convención da ONU contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes, aprobada polo Plenario da ONU o 10 de decembro de 1984, que entrou en vigor no Reino de España en outubro de 1987, unha vez ratificada polo Estado español.
Un dato importante para os que non queren ver son as 95 sentenzas a que tivo acceso a CPDT, das que 43 son condenatorias e 52 absolutorias, sendo un total de 68 funcionarios os que foron condenados pola comisión dalgún tipo de tortura, malos tratos, lesións e/ou atentado contra a integridade física das persoas durante o desempeño das súas funcións no Estado español.
Outro dato destacado no informe do 2015, que sempre sobresae fronte ao resto pola súa dureza, é a noticia do falecemento de 30 persoas mentres estaban sob custodia das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado.
Co traballo máis que minucioso das máis de 50 asociacións que compoñen a CPDT, como a Subcomisión de Penal do Consello Xeral da Avogacía Española, é evidente, e non se pode negar, que no Estado español, na actualidade, seguen existindo situacións de torturas e malos tratos.
Ver aqui o Relatorio.
SIRECOVI (Sistema de Registro y Comunicación de Violencia Institucional)
La Coordinadora para la Prevención de la Tortura es una plataforma integrada por organizaciones de lucha contra la tortura y la defensa de los derechos humanos agrupadas con el objetivo principal de velar por la aplicación y el seguimiento de los mecanismos internacionales de prevención de la tortura en el Estado español, de manera especial el Protocolo Facultativo de la Convención contra la Tortura y otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes de las Naciones Unidas.
Documentación relacionada
L’aïllament penitenciari a Catalunya des d’una mirada de defensa dels drets humans, Coordinadora Catalana per la Prevenció i Denuncia de la Tortura, 20-04-2016
El aislamiento penitenciario en Cataluña desde una mirada de defensa de los derechos humanos, Coordinadora Catalana para la Prevención y Denuncia de la Tortura, 20-04-2016
Tortura en Papeles de Sociedad
(30 de junio de 2016)
[1] - La tortura en el estado español : Informe de 2015 - Resumen, CPDT, Pamplona, 17-06-2016
Informe 2015. La Tortura en el Estado español. Recopilación de las denuncias por torturas, violencia institucional y malos tratos inhumanos, crueles o degradantes recogidos durante 2015 en el estado español, CPDT (Coordinadora para la Prevención y Denuncia de la Tortura), junio 2016